En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle ao interesado, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución do termo do procedemento por desistencia no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia tramitado ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.
Ourense, 20 de maio de 2014
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Juan Carlos Taboada Pérez.
San Francisco, 5, 2º, 32005 Ourense.
Credencial: 55031.