A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación ICA, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Centro de Formación ICA, S.L.
3. Data:
Os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de xuño de 2014.
4. Lugar de celebración:
Local social da asociación de veciños do Sineiro, lugar do Sineiro, s/n. 36980 O Grove (Pontevedra).
5. Número de prazas:
Máximo 15 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo do anexo.
9. Programa:
Día 16.6.2014 |
|
17.00-20.00 h |
Praguicidas. Historia. |
Día 17.6.2014 |
|
17.00-20.00 h |
Biocidas. Descrición e xeneralidades. |
Día 18.6.2014 |
|
17.00-20.00 h |
Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. |
Día 19.6.2014 |
|
17.00-20.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
Día 23.6.2014 |
|
17.00-20.15 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas. |
Día 24.6.2014 |
|
17.00-20.15 h |
Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas. |
Día 25.6.2014 |
|
17.00-20.15 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas. |
Día 26.6.2014 |
|
17.00-20.15 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas. Lexislación. Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
Entidade organizadora: Centro de Formación ICA, S.L.
Datas: os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de xuño de 2014.
Lugar de celebración do curso: local social da asociación de veciños do Sineiro, lugar do Sineiro, s/n. 36980 O Grove (Pontevedra).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 17.00 ás 20.00 horas, agás os días 23, 24, 25 e 26 que será das 17.00 ás 20.15 horas.
Nº de prazas: máximo 15 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Centro de formación ICA, S.L., rúa Portela, nº 12, interior (O Calvario). 36205 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 37 77 79. Fax: 986 26 53 00.
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Alumno:
Enderezo: CP:
Localidade: Provincia:
Teléfono: Fax:
Correo electrónico:
Empresa: CIF: