Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2014 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

– Contratación da subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo pertencentes a Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19912

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: a subministración obxecto deste contrato comprende a subministración de enerxía eléctrica en baixa e alta tensión aos centros de consumo pertencentes a Portos de Galicia, coas características descritas no prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas.

c) Lugar de execución ou entrega dos bens: conxunto de infraestruturas, superestruturas e servizos dispoñibles nos portos e instalacións portuarias de competencia autonómica e xestionados por Portos de Galicia.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: suplemento do Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) número 2013/S 233-404064, no Boletín Oficial del Estado (BOE) número 289 e no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 231.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: no DOUE do 30 de novembro, no BOE do 3 de decembro e no DOG do 3 de decembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto; sistema unicriterio (factor prezo). Expediente anticipado de gasto.

4. Valor estimado do contrato.

2.236.226,34 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.570.227,43 euros.

Importe total: 3.109.915,19 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de abril de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2014.

c) Contratista: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: por resultar a súa oferta economicamente máis vantaxosa.

e) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia