Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dunha resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado) pola que se exclúen diversas parcelas do proceso de concentración.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecerse o seu domicilio ou por non poder realizarse a notificación naquel, despois de dous intentos; emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución con data do 10 de outubro de 2013 de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña).

Interesados:

– Josefa Mercedes Ares Sánchez.

– Íñigo Buján Villar.

– María del Carmen Vázquez Sánchez.

– Antonio Moreira Garrido.