Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 4 de febreiro de 2014 pola que se autoriza a transmisión inter vivos e mortis causa do permiso de actividade e concesión administrativa dun establecemento de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión do establecemento que se cita a continuación e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Por Resolución do 16 de novembro de 2011, do expediente de caducidade iniciado a Concepción Paz Suárez, como titular dun parque de cultivo sito en Abanqueiro, concello de Boiro, ría de Arousa (A Coruña), a conselleira do Mar declara a rehabilitación da concesión administrativa e a transmisión da titularidade desta a favor de Cristina Borrás Paz, Fermín Borrás Paz, Elena Concepción Borrás Carnero, Adriano Antonio Borrás Carnero, Gonzalo José Borrás Carnero e Joaquín Eduardo Borrás Carnero.

Segundo. Mª Cristina Borrás Paz solicita, en escrito con rexistro de entrada do 4.9.2013, a vontade de subrogarse nos dereitos e obrigacións que tiña Fermín Borrás Paz, por falecemento del, pasando a ser do 75 % a cota de participación da solicitante, na titularidade da concesión, sen achegar outra documentación.

Terceiro. Con data do 26.12.2013 recíbese, no departamento territorial da Coruña, solicitude para autorizar a transmisión da titularidade inter vivos, con documento autenticado da solicitude presentada con data do 30.9.2013 polos cotitulares Adriano Antonio Borrás Carnero e Gonzalo José Borrás Carnero.

Cuarto. Con data do 17.1.2014 notifícase a Adriano Antonio Borrás Carnero e Gonzalo José Borrás Carnero a autorización previa para a transmisión da titularidade.

Quinto. Con data do 24.1.2014 Cristina Borrás Paz solicita a transmisión mortis causa da participación no parque de cultivo do cotitular falecido Fermín Borrás Paz e achega a oportuna documentación.

Sexto. Con data do 29.1.2014 notifícase a María Cristina Borrás Paz a autorización previa para a transmisión da titularidade.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistas as disposicións citadas, e a proposta de resolución elaborada polo xefe de sección de acuicultura, a Consellería do Medio Rural e do Mar resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos e mortis causa, a favor de María Cristina Borrás Paz (DNI 35384226-Z), conforme a solicitude, das cotas de participación no título administrativo do establecemento de cultivos mariños, que é relacionado a continuación:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Situación: pta. Palma-pta. Capitán, Abanqueiro, Boiro, A Coruña.

Data outorgamento: resolución de rehabilitación do 16.11.2011 da Consellería do Mar.

Superficie dominio público: 32.000 m2.

Remate da vixencia: 29.7.2018.

Titulares: Cristina Borrás Paz, Fermín Borrás Paz, Elena Concepción Borrás Carnero, Adriano Antonio Borrás Carnero, Gonzalo José Borrás Carnero e Joaquín Eduardo Borrás Carnero.

Novos titulares: 87,5 % María Cristina Borrás Paz (35384226-Z), 6,25 % Elena Concepción Borrás Carnero (33300452-V) e 6,25 % Joaquín Eduardo Borrás Carnero (33300593-C).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da escritura pública de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, segundo proceda. Transcorrido o prazo indicado sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Segunda. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña