Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25987

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura.

Pola Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de xuño de 2012 (DOG nº 113, do 14 de xuño) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais da categoría de médico/a de familia no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 14 de xullo de 2012 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Pola Resolución do 24 de febreiro de 2014 (DOG nº 50, do 13 de marzo) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e puntuacións provisionais obtidas.

A Comisión Central de Seguimento do Pacto, en reunión que tivo lugar o 13 de setembro de 2012, nos mesmos termos que no pacto anterior, acordou que no suposto de non existir médicos pediatras inscritos nas listas da categoría de pediatra de atención primaria que poidan efectuar a cobertura de substitucións ou eventualidades, poderanse utilizar por rigorosa orde de prelación os servizos dos/das aspirantes das listas de médico/a de familia que acrediten estar en posesión do diploma de puericultura.

Rematado o prazo de reclamación contra a resolución anteriormente indicada e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base oitava da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 113, do 14 de xuño),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de médico/a de familia.

Segundo. Publicar, segundo a orde de prelación que ocupan nas listas definitivas, a relación de persoas aspirantes que acreditan estar en posesión do diploma en puericultura.

Terceiro. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Cuarto. De conformidade coa base oitava da Resolución do 4 de xuño de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Quinto. As listas entrarán en vigor con efectos do 10 de xuño de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos