Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25913

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xuño de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da Axencia.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Innovación, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 5 de xuño de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo.

Segundo. Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 5 de xuño de 2014, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file