Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, para a contratación dun servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable, eixe 1, actuación 1.22.-CA.3 (expediente PA 1/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2014.

2. Obxecto do contrato: xestión e realización de 45 cursos específicos de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, en modalidade presencial, dividido en 3 lotes, especificados no punto 5.

3. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 20.12.2014. Este contrato non admite prórroga.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e multicriterio, documentalmente simplificada. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 6 do PCAP.

5. CPA: 85.59.13. CPV: 80530000-8.

6. Orzamento máximo de licitación: 141.750,00 €. De conformidade co artigo 20.Un.9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, o servizo obxecto deste contrato está exento de IVE. O dito importe está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50% a través do Programa de desenvolvemento sustentable, eixe 1, actuación 1.22.-CA.3.

Orzamento desagregado por lotes:

Nº de lote

Tipoloxía dos cursos

Nº de edicións

Importe/edición

Total

1

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros

15

2.400,00

36.000,00

2

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadoira.

15

3.850,00

57.750,00

3

Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras

15

3.200,00

48.000,00

Total

45

141.750,00

7. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación para cada un dos lotes.

8. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 881 99 93 34. Fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

9. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20517

10. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados respectivamente na cláusula 4.3.7) e 4.3.8) do PCAP.

11. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que se deberá presentar: a sinalada na cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na Casa da Parra, praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no número 8.

12. Apertura das ofertas: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil de contratante as convocatorias das mesas para a apertura dos sobres 2 e 3, que terán lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n (planta 0).

13. Gastos do anuncio: serán por conta dos/as adxudicatarios/as do contrato e imputaranse proporcionalmente ao orzamento de cada un dos lotes dos cales resultasen adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral