Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2014, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados pola modificación número 3 do proxecto de trazado e construción de mellora da estrada AC-303 Oleiros (AC-550)-Corrubedo, no concello de Ribeira (clave AC/09/257.01.M3).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas nesta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se vai realizar con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 1 de abril de 2014 procédese a aprobación do modificado número 3 do proxecto de trazado e construción de mellora da estrada AC-303 Oleiros (AC-550)-Corrubedo, no concello de Ribeira, de clave: AC/09/257.01.M3, pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con data do 20 de abril de 2011, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra, mediante o Decreto 80/2011, publicado no DOG nº 93, do 13 de maio.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira (praza do Concello, s/n).

Día: 25 de xuño de 2014.

Horario: das 10.30 ás 11.30 horas.

Titulares: Inmobiliaria Promesa, S.L.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estará exposta no Concello de Ribeira e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer núm. 2-8ª, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; tamén poden facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e de notario.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña