Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación do outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros hospitalarios dependentes desta xerencia de xestión integrada, para a explotación dunha oficina bancaria e dous ou máis caixeiros automáticos (AB-EIC1-14-013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña, teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión.

b) Descrición do obxecto: concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros hospitalarios dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, para a explotación dunha oficina bancaria e dous o máis caixeiros automáticos.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Prazo de execución/entrega: 4 anos, contados desde a data da acta de comprobación e subseguinte inicio da explotación por parte do adxudicatario.

e) Admisión de prórroga: si. A concesión poderá prorrogarse, antes da súa finalización, por dous anos, por mutuo acordo das partes.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon:

a) Para os efectos do presente contrato establécese un canon mínimo anual de 6.000,00 € para o primeiro exercicio de actividade.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao importe do canon anual ofertado.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandaranse por correo dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Abente y Lago.

2. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o disposto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicaranse no perfil de contratante www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 19 de maio de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña