Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25690

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 64/2014, do 27 de maio, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o 14 de maio de 2014,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Xulia González Cerdeira, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e sete de maio de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente