Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2014, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública de varios bens ou dereitos.

O día 21 de xullo de 2014, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.1

Predio 4.053. Tomo 647. Libro 245. Folio 171. Nave coñecida como Lomba-nave agrícola gandeira, sita no Chao de Fabeiro no municipio de Monforte de Lemos. Está situada nunha superficie dunha hectárea e oitenta e oito áreas e a nave construída no dito terreo ocupa unha superficie de novecentos trinta e seis metros cadrados. Titularidade: Manuel Antonio Alves Teixeira, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compravenda.

21.449,20

1.864,40

19.584,80

500,00

Lote 1.2

Predio 19.087. Tomo 597. Libro 216. Folio 110. Rústica. Terreo coñecido como A Lomba, sito no lugar de San Román de Chao de Fabeiro, no municipio de Monforte de Lemos. Ten unha superficie de 36 áreas e 17 centiáreas. Titularidade: Manuel Antonio Alves Teixeira, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compravenda.

10.838,80

1.864,40

8.974,40

500,00

Lote 1.3

Predio 19.679. Tomo 651. Libro 247. Folio 72. Rústica. Terreo coñecido como Leira Domingo Campo, sita na lugar de San Román de Chao de Fabeiro no municipio de Monforte de Lemos. Ten unha superficie de 1.956 m2. Sobre este terreo construíuse unha nave industrial de 524,19 m2 cun local pegado a ela de 27 m2. Titularidade: Manuel Antonio Alves Teixeira, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compravenda.

35.050,66

1.864,40

33.186,26

500,00

Lote 2. Único

½ Predio 55.885. Tomo 1869. Libro 1430. Folio 55. Urbana. Casa sita na rúa Flor de Malva, 29, da cidade de Lugo. Consta de planta baixa e piso alto, así como bufarda, cortes e terreo anexo no seu fondo. Todo iso ten unha superficie de cento setenta e cinco metros cadrados. Ref. catastral: 6552018 PH 1665 S 0001 FY. Titularidade: Josefa Ascariz Penas, metade indivisa en pleno dominio con carácter privativo, por título de manifestación e adxudicación de herdanza testada.

56.900,00

74.000,00

8.502,86

500,00

Lote 3. Único

Predio 45.954. Tomo 1652. Libro 1213. Folio 98. Urbana. Piso terceiro dereita, letra A, no edificio sito na praza de Alicante 2-3, hoxe número 2, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de oitenta e un metros e cincuenta decímetros cadrados. Ref. catastral 7039103 PH 1673 N 0007 EB. Titularidade: Erika Rosangel Díaz Rodríguez, pleno dominio, con carácter ganancial por título de compra.

57.702,00

125.164,60

1.073,38

100,00

Lote 4. Único

Predio 7.063. Tomo 973. Libro 66 de Castro de Rei. Folio 213. Urbana. Sobre o terreo Arios Dous Campos, destinada a labradío e cunha superficie de sete áreas e cincuenta centiáreas construíuse a seguinte edificación: casa de planta baixa e dous pisos altos no lugar de Castro, parroquia de Ribeiras de Lea, municipio de Castro de Rei. Ocupa a súa base unha superficie de cento trinta e cinco metros cadrados e corenta e cinco decímetros cadrados; a planta primeira e segunda de cento cincuenta e seis metros de superficie total cada unha; e a planta baixo cuberta duns setenta metros cadrados útiles aproximadamente. Ref. catastral 002301300 PH 27 GR 0001 GZ. Titularidade: Manuel Fernández López, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda e renuncia de usufruto.

231.776,11

325.933,90

17.587,28

500,00

Lote 5. Único

Predio 44.218. Tomo 1521. Libro 1082. Folio 88. Urbana. Vivenda, piso letra N na sétima planta do edificio sito na rúa Santo Grial 155, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de sesenta e dous metros e nove decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos a praza de garaxe número catro no semisoto e o trasteiro rotulado coa inscrición N-6 no faiado; e o trasteiro situado á esquerda do garaxe número 36, situado entre este e o portal 159. Ref. catastral 6350103PH1665S0062TE. Titularidade: María Jesús Lodeiro Castro, pleno dominio por título de compra con carácter privativo.

92.065,45

15.790,83

76.274,62

500,00

Lote 6. Único

Predio 28.490. Tomo 677. Libro 235. Folio 142. Urbana. Casa vivenda, sita no lugar de Ansoar 2, parroquia de San Cristovo de Fornas, municipio de Chantada. De planta baixa que ocupa a superficie aproximada de sesenta metros cadrados. Ten arredor un espazo de residuo, que na parte posterior da casa se destina a horta e mide catro áreas. Ref. catastral 27016 A 051003440001 JD. Titularidade: José López Rodríguez, 100 % do pleno dominio.

71.760,59

Sen cargas

71.760,59

500,00

Lote 7. Único

2.000 participacións sociais de Restauraciones Garvil Saria, S.L. con CIF: B27437300, números 1 ao 2.000 (ambas inclusive).

2.000,00

Sen cargas

2.000,00

200,00

Lote 8. Único

Predio 20.296. Tomo 817. Libro 213. Folio 222. Rústica. Predio coñecido como Merille O Cortiña de Liñares por agrupación das parcelas números 53, 61, 62 e 295 do polígono 40, sita no lugar de San Cosme de Barreiros no municipio de Barreiros. Ten unha superficie de 2,2663 ha. Titularidade: Manuel Jesús Lorenzo Villamarín, pleno dominio, por título de agrupación e compra.

32.068,07

36.000,00

3.747,34

200,00

Lote 9. Único

½ Predio 116.334. Tomo 1782. Libro 1343. Folio 022. Urbana. Rocho sinalado co número 8, sito en parte do soto segundo do edificio da rúa Castelao, 52-54 (esquina rda. da Muralla), da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de cinco metros e trinta e tres decímetros cadrados. Titularidade: Antonio Miragaya López, pleno dominio da metade indivisa con carácter privativo, por título de división material.

1.027,49

14.476,65

1.027,49

100,00

Lote 10. Único

Predio 10.605. Tomo 1125. Libro 93. Folio 86. Urbana. Casa coñecida como de Señores de Gayoso, números 35-36, sita en Outeiro de Rei. Ocupa a superficie total construída de setecentos setenta metros cadrados e o terreo de tres mil cincocentos vinte e nove metros cadrados. Ref. catastral 2832401PH1723S0001AU. Titularidade: Pazo Gayoso, S.L., 100 % do pleno dominio por título de agrupación.

173.762,00

110.391,78

63.370,22

500,00

Lote 11. Único

Predio 21.030. Tomo 434. Libro 190. Folio 91. Rústica. Cortiña, a pradaría, matogueira, labradío e diversos usos. Ocupa a superficie dunha hectárea, cincuenta e sete áreas e cincuenta e tres centiáreas e sita en San Cosmede, parroquia de Santa María de Vilar, municipio de Sarria. Ref. catastral 27057A017000640000JE. Sobre este terreo existen as seguintes edificacións: edificación de planta baixa e alta duns corenta e cinco metros cadrados por planta; edificación de planta baixa duns cento vinte metros cadrados por planta; nave de trescentos seis metros cadrados construídos en planta; e alpendre de douscentos vinte e oito metros cadrados construídos. Titularidade: Mobles San Cosmede, S.L., por declaración de obra nova.

108.336,89

2.951,16

105.385,73

500,00

Lote 12. Único

100 % das participacións no capital social de Servicios Empresariales Montero, S.L., con CIF: B27441310.

3.006,05

Sen cargas

3.006,05

200,00

Lote 13. Único

Predio 17.660. Tomo 366. Libro 164. Folio 225. Urbana. Vivenda unifamiliar, en Goiriz, municipio de Vilalba. Está construída sobre o terreo Vilar que ocupa a superficie de tres mil cento trinta metros cadrados. A vivenda consta de planta baixa e piso alto cunha superficie construída de douscentos oitenta e nove metros e vinte e oito decímetros cadrados. Titularidade: Ismael Martín López, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de achega e obra nova.

155.400,00

248.793,14

2.993,32

200,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e nos demais casos nos que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a Mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, neste caso, a Mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a Mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á Mesa da poxa.

A Mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 19 de maio de 2014

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo e presidente da Mesa