Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Reyes Jorge, Gerardo e Tarrar Asghar, Ali).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Reyes Jorge, Gerardo

53186591B

Rúa Pino, 58, 2 C

36205 Vigo, Pontevedra

510130000711

59,56 €

Tarrar Asghar, Ali

X3792388X

Rúa Luis Espada, 8, 3 esq.

32600 Verín, Ourense

500110008476

1.000,00 €