Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 7 de maio de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona acordo de arquivamento de actuacións en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar e se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Celestino Granja Acevedo).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase acordo de arquivamento de actuacións en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Procedemento

Celestino Granja Acevedo

36094637R

Camiño Ladeira, núm. 2 DR

36393 Baiona, Pontevedra

Terzaría de dominio