Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2011/154).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I de adecuación LMTA, CT O Bosque.

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea (LMTA) existente a 20 kV (expediente 8047), no tramo con orixe no apoio existente nº 14 da LMT CBA-804 Laxe (expediente IN407A 2005/137), e final no novo apoio nº 3 da liña derivada ao CT O Bosque, coa instalación de novo condutor LA-56-54,6 mm² nunha lonxitude de 0,149 km.

– Reforma da actual caseta de obra civil do CT O Bosque, en que se instalará un transformador de 250 kVA con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, nova rede de terras e cadro de baixa tensión con interruptor-seccionador en carga.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial