Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25470

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014 pola que se fai pública a formalización de diversos contratos.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº de expediente: CGSIB/001/14/XSP-CONC-CD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal no centro de día de Mondariz.

Importe de adxudicación: 405.900,00 €, IVE exento.

Adxudicataria: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

Data de formalización do contrato: 14.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposta que mellor recolle, comprende e planifica os Servizos de Prevención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal de cara aos usuarios do centro de Mondariz, e reflicte un alto grao de coñecementos sobre os requisitos para a xestión de centros.

– Nº de expediente: CGSIB/001/14/SE/TR.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

Denominación do concurso público: servizo de transporte adaptado, para persoas usuarias do servizo de atención diúrna, nos centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13).

Lote 1:

Importe de adxudicación: 539.847,00 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Cogami Informática y Comunicaciones, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica que amosa un amplo coñecemento do territorio.

Lote 2:

Declarado deserto por Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 4 de marzo.

Lote 3:

Importe de adxudicación: 442.593,36 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Cogami Informática y Comunicaciones, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica que amosa un amplo coñecemento do territorio.

Lote 4:

Declarado deserto por Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 4 de marzo.

Lote 5:

Importe de adxudicación: 587.743,20 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Autocares J. Pombo, S.L., Autos Dosil, S.L. Vehículos Costa, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica cunha descrición de rutas pormenorizada e con protocolos de actuación para casos concretos.

Lote 6:

Importe de adxudicación: 549.318,00 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Autos Rico, S.L., Autocares J. Pombo, S.L., Autopullmans Travidi, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica que amosa un amplo coñecemento da zona, tendo conta o ámbito supramunicipal e valorando a importancia do tipo de poboación.

Lote 7:

Importe de adxudicación: 393.587,70 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Autopullmans Travidi, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica minuciosa, presentando os diferentes procedementos que se seguirán, segundo as casuísticas máis frecuentes.

Lote 8:

Importe de adxudicación: 566.365,80 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Coinco, S.L., Autos Camilo, S.A.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica cun modelo de ruta seguindo o modelo e os criterios expresados nos pregos.

Lote 9:

Importe de adxudicación: 363.686,40 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Autos Morán, S.L., Autocares Darriba, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica en que detallan minuciosamente a distribución xeográfica, as características metereolóxicas, orográficas e tendo en conta variables como a eficiencia enerxética.

Lote 10:

Importe de adxudicación: 973.283,26 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Autos Morán, S.L., Autos Rico, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica na que detallan minuciosamente a distribución xeográfica, as características metereolóxicas, orográficas e tendo en conta variables como a eficiencia enerxética.

Lote 11:

Importe de adxudicación: 1.082.291,76 €, IVE incluído.

Adxudicataria: UTE: Coinco, S.L., Autos Morán, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.4.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica cun modelo de ruta seguindo o modelo e criterios expresados nos pregos.

Lote 12:

Declarado deserto por Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 4 de marzo.

Lote 13:

Declarado deserto por Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 4 de marzo.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar