Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a limpeza e o mantemento básico dos camiños de Santiago.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 30 de decembro de 2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para a limpeza e o mantemento básico dos camiños de Santiago.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 197.010,24 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2014.

c) Adxudicatario: Copcisa, S.A.

d) Importe de adxudicación: 197.010,24 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia