Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servizo consistente na dirección de execución das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2013-SESE 21-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19396

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na dirección de execución das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos, e dous máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16 de setembro de 2013, BOE do 14 de setembro de 2013, DOUE do 30 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 341.453,93 €, IVE excluído (valor incial máis as posibles prórrogas e modificacións).

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 310.412,66 €. Importe total: 375.599,32 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de marzo de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 15 de maio de 2014.

c) Contratista: PYC Arquitectura, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 239.400,00 €. Importe total: 289.674,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza