Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada da subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro (renting), de cincuenta e oito vehículos para uso do Parque Móbil da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 881 99 96 18 e 981 54 42 74 e información de índole administrativa 981 54 42 59 e 981 54 45 17.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es ou manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20528

8. Data límite da obtención de documentación e información: 23 de xuño de 2014, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2014-SUSE 02/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro (renting), de cincuenta e oito (58) vehículos para uso do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva.

d) Lugar de execución: o indicado na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 66114000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.376.968,87 € (IVE excluído), incluídas as prórrogas e as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 860.605,55 €.

Importe total: 1.041.332,72 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 23 de xuño de 2014, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: oficina de Rexistro Xeral e Información á cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descripción: sala de xuntas D do Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do día 3 de xullo de 2014.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza