Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 188/2012-B, interposto pola comunidade de montes veciñais en man común Veiga de Antela (Ourense) contra o concello de Sandiás e a Consellería do Medio Rural, actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar.
En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 13 de maio de 2014
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense