Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25033

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2014 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10.1989, do 10 xullo, convócanse as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2014, para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

2. O persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas, do Consello Consultivo e doutras entidades e organismos públicos poderán acceder ás accións formativas a través dos oportunos convenios que se subscriban para este efecto, de conformidade coa Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

3. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades e organismos públicos, sempre que se inclúa expresamente esta circunstancia na epígrafe destinatario do anexo II.

Toda persoa solicitante que, ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.es

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao número de fax 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2014, segundo a Resolución do 10 de febreiro (DOG do 27 de febreiro), comezarase pola letra B.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

– O número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

– Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. Na modalidade de teleformación, o alumnado debe visualizar, como mínimo, o 90 % dos contidos e realizar todas as actividades e tarefas propostas pola titoría.

– Deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade.

d) As persoas que incumpran o previsto na alínea c):

– Perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

– Pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A lectura detallada dos contidos da actividade formativa. Cada actividade ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Oitava. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de asistencia, o alumnado deberá participar con regularidade e dedicación no desenvolvemento da acción formativa. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, A EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o esixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/
Modalidade

Data
comezo

Data
remate

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC14152

A regulación do silencio administrativo tras a aprobación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

13.10.2014

22.10.2014

16.30 a 19.30 h

FC14153

Nóminas e retribucións do persoal

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, destinado nas habilitacións de persoal ou que desenvolva funcións de apoio relacionadas coa materia do curso.

Santiago de Compostela

13.10.2014

22.10.2014

17.00 a 20.00 h

FC14154

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

27.10.2014

10.11.2014

Teleformación

FC14155

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

20.10.2014

3.11.2014

Teleformación

FC14156

Aspectos básicos da xestión do persoal. A función pública de Galicia

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

8.9.2014

2.10.2014

Teleformación

FC14156

Aspectos básicos da xestión do persoal. A función pública de Galicia

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

7.10.2014

31.10.2014

Teleformación

FC14157

Obradoiro de contratación administrativa. Nivel avanzado

20

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1 e A2 e dos grupos I e II, responsables directos de tramitación de expedientes de contratación administrativa.

Mixto

15.9.2014

3.11.2014

17.00 a 20.00 h

FC14158

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na comunidade autónoma.Tributos propios e tributos cedidos

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

27.10.2014

10.11.2014

Teleformación

FC14159

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

17.11.2014

1.12.2014

Teleformación

FC14160

O control do Goberno e da Administración: especial referencia aos gastos orzamentarios

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

22.10.2014

7.11.2014

Teleformación

FC14161

Obradoiro de subvencións. Nivel avanzado

25

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2 e dos grupos I e II responsables na tramitación de expedientes de subvencións.

Mixto

15.9.2014

3.11.2014

17.00 a 20.00 h

FC14179

Obradoiro de procedemento administrativo na vía de recurso

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupo A1 e A2 e dos grupos I e II, que exerzan tarefas relacionadas coa tramitación e resolución dos recursos administrativos.

Santiago de Compostela

27.10.2014

30.10.2014

16.15 a 20.00 h

FC14183

Execución dos contratos administrativos: réxime aplicable e facultades da Administración

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia,subgrupo A que por razón do seu traballo estean en contacto con contratos e os problemas asociados á súa execución.

Santiago de Compostela

13.10.2014

21.10.2014

16.45 a 19.45 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC14162

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos grupos C1, C2, III e IV.

Teleformación

16.10.2014

10.11.2014

Teleformación

FC14163

Cooperación transfronteiriza e cohesión

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos subgrupos A1, A2, C1, I, II e III.

Teleformación

22.9.2014

15.10.2014

Teleformación

FC14164

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

21.10.2014

10.11.2014

Teleformación

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC14165

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia dos subgrupos A1 e A2.

Santiago de Compostela

4.11.2014

9.12.2014

16.00 a 20.00 h

FC14166

Informática básica

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

5.11.2014

20.11.2014

16.30 a 19:30 h

FC14167

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Teleformación

10.11.2014

1.12.2014

Teleformación

FC14168

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

10.10.2014

10.11.2014

Teleformación

FC14169

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

Santiago de Compostela

13.10.2014

17.10.2014

16.30 a 19.30 h

FC14170

13.11.2014

28.11.2014

Teleformación

FC14182

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala.

30

18

Aproveitamento

Persoal dos subgrupos A1, A2 e C1 e dos grupos I, II e III da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

11.9.2014

30.9.2014

Teleformación

FC14182

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

30

18

Aproveitamento

Persoal dos subgrupos A1, A2 e C1 e dos grupos I, II e III da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

13.10.2014

31.10.2014

Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC14171

Certificado dixital

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

16.10.2014

10.11.2014

Teleformación

FC14172

Interpretación de datos estatísticos

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

13.10.2014

22.10.2014

16.45 a 19.45 h

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

FC14173

Habilidades de comunicación e organización de recursos

25

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos C1 e C2.

Santiago de Compostela

13.10.2014

23.10.2014

17.00 a 20.10 h

FC14174

Solicitudes de autorizacións administrativas, declaracións responsables e comunicacións previas

20

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos grupos A1, A2, C1, I, II e III.

Santiago de Compostela

27.10.2014

11.11.2014

A Coruña

Pontevedra

6.10.2014

21.10.2014

17.00 a 20.00 h

FC14178

Elaboración de contratos programa ou contratos de xestión

30

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que desempeñe tarefas relacionadas co contido do curso.

Santiago de Compostela

13.10.2014

16.10.2014

16.30 a 19.30 h

FC14181

O teletraballo no sector público autonómico de Galicia

30

6

Asistencia

Persoal funcionario, estatutario e laboral que presta servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

14.10.2014

24.10.2014

12.11.2014

Lugo

13.11.2014

14.11.2014

Ourense

18.11.2014

19.11.2014

21.11.2014

Vigo

25.11.2014

26.11.2014

16.30 a 19.30 h

Secretaría Xeral de Igualdade

FC14175

Elaboración de normativa con perspectiva de xénero

25

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia dos subgrupos A1, A2.

Santiago de Compostela

24.11.2014

3.12.2014

16.45 a 19.45 h

FC14180

Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

25

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

10.11.2014

19.11.2014

16.45 a 19.45 h

Consellería de Facenda

FC14012

O Sistema de Información de Contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia

15

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

1.10.2014

12.11.2014

16.30 a 19.30 h

Consellería de Traballo e Benestar

Benestar

FC14176

As normas de accesibilidade en Galicia

25

20

Aproveitamento

Persoal funcionario e laboral da Comunidade Autónoma de Galicia que desempeñen o seu traballo no ámbito da accesibilidade.

Santiago de Compostela

19.11.2014

21.11.2014

Día 19 e 20:

10.00 a 14.00 h

16.00 a 20.00h

Día 21:

10.00 a 14.00 h

FC14177

Nutrición, dietética e alimentación nas persoas maiores

25

20

Aproveitamento

Xerocultores/as, persoal de atención directa no comedor e cociñeiros/as que traballen en centros do ámbito sociosanitario e en particular, en centros de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade, xestionados directamente pola Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

22.10.2014

24.10.2014

Día 22 e 23:

9.00 a 14.00 h

16.00 a 19.00 h

Día 24:

9.00 a 13.00 h

Consellería do Medio Rural e do Mar

Medio Rural

FC14184

Formación en queimas controladas

30

20

Aproveitamento

Persoal técnico dos Distritos Forestais, do Servizos Provinciais de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e da Subdirección Xeral de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Santiago de Compostela

4.11.2014

12.11.2014

16.30 a 20.30 h