Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e deseño dun plan de comunicación a medio prazo para Augas de Galicia (clave OH.988.342.SV), cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.988.342.SV.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e deseño dun plan de comunicación a medio prazo para Augas de Galicia.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: seis (6) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 79341400-0 e 79341200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 438.016,24 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 438.016,24 euros. Importe total: 529.999,65 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): grupo T, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: para as empresas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 24 de xullo de 2014.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 7 de agosto de 2014 ás 9.00 horas, e a do sobre C, na data e hora que se lles notificará aos licitadores por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de maio de 2014.

12. Outras informacións.

a) Esta actuación estará cofinanciada pola Unión Europea, durante o seu prazo de execución, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga potable. Actuación: 3.45.6: medidas cuxo obxectivo sexa concienciar os cidadáns de que a auga é un recurso valioso e escaso e da necesidade do seu uso responsable. Unha maneira de facer Europa.

b) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) As ofertas tamén se poderán presentar por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

e) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file