Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o 5 de maio de 2014, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Miño, coa finalidade de dar unha nova redacción ás ordenanzas Z3 e Z4 de solos urbanos no referente ás condicións de uso, así como a modificación das condicións previstas para os equipamentos destinados a cemiterios situados nos núcleos rurais, e o expediente a información pública e audiencia dos interesados durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais dos de maior difusión da provincia. Así mesmo, solicitarase das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios para a presentación de suxestións e reclamacións.

Miño, 7 de maio de 2014

Jesús Veiga Sabín
Alcalde