Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de maio do 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0200/2014-ORS e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0200/2014-ORS e sete máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 12 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0200/2014-ORS.

Persoa interesada: Coruñamar, S.L.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Monte das Moas, 11-p08 m, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0155/2014-PPM.

Persoa interesada: Mar Casal, S.L.U.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Cadoleira, Canduas, Cabana de Bergantiños.

Expediente: PSC-CO-0195/2014-COO.

Persoa interesada: Enrique Coo Castro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Berdoias, s/n, Vimianzo.

Expediente: PSC-CO-0205/2014-PPM.

Persoa interesada: Alberto Ceballos Horro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: San Amaro, 32-34 entreplanta, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0207/2014-PPM.

Persoa interesada: Xosé M. Pasantes Castiñeiras.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Muíño do Vento, 16-3º, Cabanas.

Expediente: PSC-CO-0209/2014-PPM.

Persoa interesada: David García Blanco.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Antonio Noche López, 4-6º G, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0227/2014-PPM.

Persoa interesada: Jorge Souto Pardo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ribadavia, 8-1º Dc, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0228/2014-PPM.

Persoa interesada: Richard Borjes Cardoso.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. dos Mallos, 6-2º esq., A Coruña.