Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (277/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 277/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Quintela Fraga contra a empresa Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 12 de maio de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C. en situación de insolvencia total por importe de 820,45 euros de principal, máis 82,04 euros que se orzan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Inscribir no rexistro correspondente respecto a Abemarsa, S.L. e publicar no Diario Oficial de Galicia respecto a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira e Savianco, S.C.

Notifíquese ás partes e a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C. por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0277 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta nº 0049 3569 92 0005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0277 13. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

A secretaria xudicial