Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade Rivera G. Montero, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, esta xefatura territorial dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Rivera G. Montero, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación, practicada en virtude do auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 22 de abril de 2014, recaído no procedemento concursal CNA 0000342/2013-J, dando así apertura á fase de liquidación.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Rivera G. Montero, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación, practicada en virtude do auto do Xulgado Mercantil número 2 da Coruña, do 22 de abril de 2014, recaído no procedemento concursal CNA 0000342/2013-J, dando así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 12 de maio de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña