Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 12 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución de denegación da inscrición como centro especial de emprego ao da entidade Textil Costa Oeste Link, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase a emisión da resolución no procedemento de cualificación e inscrición como centro especial de emprego ao da entidade Textil Costa Oeste Link, S.L., con domicilio social en travesía de Ourense 2, Edificio Oleaxe, local 3, 36960 Sanxenxo (Pontevedra), de acordo co previsto no artigo 71 da referida lei.

A representación legal da entidade poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da resolución.

Unha vez transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste e darase por desistido na súa petición de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último domicilio coñecido da entidade, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social