Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014 pola que se somete a información pública a modificación non substancial da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Rianxo.

O ente público Portos de Galicia elaborou a segunda modificación da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Rianxo (A Coruña), en cumprimento do artigo 70 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para isto dispoñen do prazo de 15 días que se contarán a partir da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, avenida Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia