Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24729

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 19 de maio de 2014 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun/dunha auxiliar de laboratorio baixo a modalidade de contrato por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento dun proxecto de investigación (referencia RTA2012-00065-C05-00).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/

aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para contratación dun/dunha auxiliar de laboratorio baixo a modalidade de contrato por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación: Bases e estratexias de produción de cultivos forraxeiros adaptados ás condicións agroclimáticas da cornixa cantábrica para a produción de leite de vaca de calidade diferenciada en sistemas sustentables, integrados no territorio e orientados aos requirimentos da nova PAC (ref.: RTA2012-00065-C05-00).

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria