Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo para a realización de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais, que se realizarán nos anos 2014 e 2015 (dous lotes), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 15/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais, que se realizará nos anos 2014 e 2015.

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: realización de obradoiros itinerantes, para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

Lote 2: realización de excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura, entre a poboación infantil.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do correspondente contrato e ata o 15 de setembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: lote 1: 79342200-5; 92000000-1, 79970000-4; lote 2: 79342200-5; 92000000-1, 55321000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e cuantificables de forma automática.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 380.000 €, IVE (21 %): 79.800,00 €. Importe total: 459.800,00 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 380.000 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da carátula.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 (consultas administrativas) 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20597

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar