Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (98/2013).

Número de autos: DSP 438/2012 do Xulgado do Social número 3.

Número de execución: execución de títulos xudiciais 98/2013.

Executante: Alberto Pena Louzao.

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro.

Executadas: Santín y Otero, S.C., Rosa María Santín Gómez e Susana Seoane Otero.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución 98/2013 seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Alberto Pena Louzao, contra Susana Seoane Otero e outros, en reclamación de 18.828,87 euros de principal, máis 1.554,04 euros en concepto de xuros de demora, máis 2.039,88 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, acordouse por resolución do día da data sacar a poxa pública polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a realización da poxa o día 2 de xullo de 2014 ás 9.30 horas, na planta 2ª do Edificio dos Xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0098 13, no Banesto, o 5 % do valor do vehículo para os efectos de poxa. Estas cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no devandito xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e que producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, podendo mellorar as ofertas que se fixeren, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

D) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do inmoble para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na Secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no DOG e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Bens obxecto de poxa:

1º. Predio número 12.409-G6, inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, e cuxa descrición é a seguinte: «unha participación indivisa de 1/10 parte do predio número un, soto da casa número un da rúa Vista Alegre desta cidade, que dá dereito ao uso e desfrute da praza de garaxe número seis que ten unha superficie construída de once metros, noventa decímetros cadrados. Linda: fronte, espazo de rodadura; fondo, rúa Vista Alegre, en plano máis baixo; dereita, entrando, Domingo Barrán País; esquerda, praza de garaxe nº 7. Cota: quince enteiros, por cento».

Taxación para poxa: 16.267 euros.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

A secretaria