Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24732

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a convocatoria pública para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Oftalmoloxía do Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de persoal licenciado sanitario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán dirixirse ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no Rexistro, sito na planta baixa do Hospital da Costa, na rúa Rafael Vior, s/n (CP 27880) Burela, no prazo de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cuarto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital da Costa, así como na intranet da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Lugo, 9 de maio de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a da Sección de Oftalmoloxía.

Número de vacantes: 1.