Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 21 de febreiro de 2014 de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, reguladas na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/346-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de abril de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/346-2.

Nome: Ana Rubines Fernández.

DNI/NIF: 09425688N.

Último enderezo coñecido: rda. María Emilia Casas Baamonde, bloque 2-1º, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Procedemento: subvención polo establecemento como traballadora autónoma.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.