Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Expediente: RL 2014/0039-4.
Acta: I362013000102132.
Empresa: Desarrollos Industriales Edificación Contratación GRA, S.L.
NIF: B-27776137.
Enderezo: estrada Matamá-O Pazo, 159, Vigo.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en relación co anexo IV.C.3.b), e artigos 14.2 e 24.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co disposto na alínea c) da disposición adicional primeira do Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro.
Preceptos sancionadores: artigos 12.13, 39.3.a) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data resolución: 31.3.2014.
Resolución: multa de 3.000 €.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.
Vigo, 6 de maio de 2014
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo