Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente ANP-LU-0005/2014-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentenda dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 7 de maio de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0005/2014-V.

Interesado: Siro Corral Fernández.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.

Expediente: ANP-LU-0011/2014-V.

Interesado: Salvador Fernández Fernández.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.

Expediente: ANP-LU-0012/2014-V.

Interesado: Juan Pena Medín.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CON-LU-0003/2014-V.

Interesado: Adolfo Díaz Martínez.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.