Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de biocidas.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete a información pública o expediente nº 2013/408, tramitado por instancia de Syngenta Agro, S.A., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de almacén de produtos químicos (biocidas) en Campo de Eiró, na parroquia de Pereiras deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teñan por convenientes.

Mos, 11 de abril de 2014

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo