Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-28/14 e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a resolución do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de maio de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-28/14.

DNI: 44486277-E.

Denunciado: Julio Manuel González García.

Enderezo: r/ Telleira, 9. Ourense.

Establecemento: Morgan, r/ Telleira, 9. Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 180 €.

Número de expediente: OU-E-59/14.

DNI: E-32438921.

Denunciado: Gulisano González, C.B.

Enderezo: r/ Perfectino Viéitez, 7 baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: O Curruncho, r/ Perfectino Viéitez, 7 baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 50 €.