Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0083/2013-SBP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-PO-0083/2013-SBP.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 26º.3.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

O prazo para interpoñer o recurso contarase desde a última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0083/2013-SBP.

Interesado: Feliciano Rial González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel de Castro, 5, 3º D, 36210 Vigo, Pontevedra.