Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 12 de maio de 2014 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado parcialmente polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a el os/as funcionarios/as de carreira/persoal laboral fixo que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a ou persoal laboral con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e de sete días hábiles, se está en localidade distinta. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo o prazo será de 20 días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: TR.C99.40.901.36440.001

Nivel: 28.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: funcionario/laboral.

C. espec.: 12.518,28 €.

Adscrición administracións públicas: A15 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Administración da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e persoal laboral da Xunta de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego –requisito indispensable–).

missing image file
missing image file