Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 8 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 155/2014, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela por instancia de Ana María Fraga Montero.

Ana María Fraga Montero interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento abreviado 155/2014 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a resolución do recurso de reposición interposto pola recorrente contra a Orde do 16 de outubro de 2013, do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación. En concreto, o dito recurso contencioso-administrativo diríxese contra as epígrafes 1.1.2 e 1.2.1 do baremo de méritos que se recolle no anexo XIV desa orde.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través deste anuncio notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de 9 (nove) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos