Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento hardware de servidores e sistemas backup do Servizo Galego de Saúde (AB-SER1-14-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento hardware de servidores e sistemas backup do Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 249, do 31 de decembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 305, do 21 de decembro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 242-421445, do 13 de decembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 576.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 240.000 euros. Importe total: 290.400 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 9.4.2014.

b) Data de formalización: 1.5.2014.

c) Contratista: Unisys, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 167.759,23 euros. Importe total: 202.988,67 euros.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos