Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de maio de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/79/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de abril de 2014, resolución pola que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción de varias edificacións complementarias e auxiliares dunha edificación principal destinada a vivenda familiar, non vinculada a explotación agropecuaria, efectuadas na parcela 366 do polígono 45, no lugar de Bravos, Vicinte, no termo municipal de Outeiro de Rei, por ser incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Josefina Altagracia Santos Matos, Ángel Apolinario Silva Echagues e Carlos Sánchez Rivas, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística