Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/31).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (Udesa).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra CS Mixón, e interconexión con liñas: Cerceda-A Silva/Mixón-A Silva/Mixón/Mixón a Vilamarta.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento para instalar no interior dunha nova caseta de obra civil, que será o punto de manobra das liñas LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488), LMT Mixón-A Silva (expediente 2003/377), LMT Mixón (expediente 2007/490) e LMT Mixón a Vilamarta (expediente 2011/142). Neste centro instalaranse catro celas de media tensión, unha para a entrada da liña Cerceda-A Silva, tres de saída para as liñas LMT Mixón-A Silva, LMT Mixón e LMT Mixón-Vilamarta e unha cela de protección con trafos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares, todas elas con illamento e corte en SF6.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1x240 Al), coa orixe no paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 da LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488), e final no paso subterráneo a aéreo para realizar neste mesmo apoio, despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento Mixón proxectado, sendo a súa lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al) coa orixe nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo para realizar no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMT Mixón-A Silva (expediente 2006/377), sendo a súa lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), coa orixe nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo para realizar no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMT Mixón (expediente 2007/490), sendo a súa lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), coa orixe nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo para realizar no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMTA Mixón-Vilamarta (expediente 2001/142), sendo a súa lonxitude de 46 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 29 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial