Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23439

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a execución do proxecto Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial

Sen achega económica

25.3.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actividades da Rede de investigadores sobre financiamento autonómico e descentralización fiscal en España (RIFDE)

20.000 €

4.4.2014