Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre legalización dunha estación de servizo existente e instalación dun depósito de gas licuado de petróleo para automoción na Ameixeira.

Campsa Estaciones de Servicio, S.A. solicitou licenza municipal para a legalización de estación de servizo existente e instalación dun depósito de GLP para automoción na Ameixeira, Vilamaior, Ordes (p.q. 39,500, marxe esquerda da autoestrada A-9). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e disposición transitoria primeira da Lei 9/2013, do 19 de decembro, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ordes, 14 de marzo de 2014

Manuel Regos Boquete
Alcalde