Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de abril de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/13/2014-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 14 de marzo de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/13/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico, sen axustarse á autorización autonómica concedida no seu día, consistentes na construción dunha edificación para hostal na estrada N-120, p.q. 454,20, en Veigadecabo, no termo municipal do Barco de Valdeorras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Benjamín Herrero Prada, en calidade de promotor das ditas obras, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística