Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de maio de 2014 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade COL/33/2013-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 10 de abril de 2014, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/33/2013-RP1, tramitado pola execución de obras de reforma de alpendre con realización de muro de bloque para contención de terras e realización de soleira, sen a perceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Río de Bañobre, termo municipal de Miño (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Pío Rascón Negreira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística