Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 22975

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de maio de 2014 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro), fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 8 de maio de 2014, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, comunica o Acordo do reitor, do 29 de abril de 2014, polo que se nomea a Gloria María Pena Uris secretaria xeral da dita universidade en substitución de Inmaculada Valeije Álvarez.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Vigo a Gloria María Pena Uris, secretaria xeral da Universidade de Vigo, en substitución de Inmaculada Valeije Álvarez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria