Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 8 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 11 de xuño de 2014, nas aulas 10 e 11 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que comezará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal