Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación de servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 15773-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión parcial, desenvolvemento e impartición de docencia para as actividades de formación en música tradicional que o Concello de Vigo programa anualmente a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si. Dez (10) meses como máximo. Fíxase como data límite de finalización da prórroga o día 31 de xullo de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 217.334,89 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 13 de maio de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Contratación